AVALIACIÓN COMPETENCIAL
Avaliación Inicial Til 2ºESO by Sofia Rama
Calquera tarefa ou traballo que persiga a aprendizaxe activa do alumnado implica:
- Aprender a aprender, pois é preciso que o alumnado siga as indicacións dadas para a realización da tarefa e avalíe o labor realizado ao longo da mesma. (CAA)
- Escoita activa para asegurar a comprensión e a produción textual solicitada, ben oralmente ben por escrito. (CCL)
- Socialización, respecto pol@ compañeir@ e colaboración para que o grupo de traballo obteña un bo resultado que redunde nunha boa nota para cada individuo do grupo. (CSC)
- Respecto por todas as linguas que se deben utilizar no desenvolvemento da tarefa, o que leva ao respecto polos seus falantes e polas culturas que representan esas linguas. (CCEC)
- Autonomía e iniciativa persoal para desenvolver o traballo sen depender constantemente das indicacións da persoa docente e para corrixir os erros ou solucionar problemas que poidan xurdir ao longo do proceso.(CSIEE)
- Comprensión de gráficas, mapas e porcentaxes para utilizar certas fontes documentais ou para a autoavaliación (poñer unha nota) o traballo realizado. (CMCCT)
- Manexo das novas tecnoloxías para buscar información, para comunicarse c@s compañeir@s, para enviar as tarefas adecuadamente, para presentar o resultado final do seu traballo... (CD)
REVOLUCIÓN de Marlou