SITUACIÓNS DE APRENDIZAXE
Situación de aprendizaxe para Áreas Lingüísticas e Áreas Non Lingüísticas, ao servizo da normalización da lingua galega e da educación medioambiental, a través do Tratamento Integrado de Linguas e Contidos: Lumes, nunca máis!
Guía para situacións de aprendizaxe en Lingua Galega e Literatura II
Este recurso compleméntase con outra guía semellante para Matemáticas II.
O obxecto destas obras é fornecer o profesorado e o alumnado de distintos materiais competenciais para as materias "Lingua e Literatura Galega II" e "Matemáticas II" de segundo de bacharelato, de xeito que se poidan desenvolver durante todo o curso académico. Durante a elaboración destes libros tivemos distintas reunións para coordinar algunhas partes das dúas obras, que esperamos cumpran coa finalidade que nos marcamos.
Para lelas en formato dixital, preme en Calaméo
Para descargalas en PDF: