Ollos de auga

Domingo Villar

(por Noelia Martínez)

 Esta obra pertence ao xénero literario da narrativa, en especial dentro da temática policíaca, xa que nela uns inspectores tentarán resolver un asasinato. En canto á estrutura, observamos como a obra se divide en 29 capítulos, os cales comezan coa definición dunha palabra, a cal será relevante en cada un deles.

Lois Reigosa, un saxofonista duns incribles ollos azuis ( que semellan auga), aparece morto no seu apartamento. O coñecido inspector Leo Caldas xunto coa axuda do seu toleirón compañeiro Rafael Estévez, encargaranse de resolver o complicado caso, o cal cando menos nolo esperemos, dará un xiro radical.

Ao inspector Leo Caldas, moi coñecido debido á súa participación no programa de radio, “ Patrulla nas ondas”, e ao seu problemático compañeiro Rafael Estévez, encárganlles resolver o asasinato do saxofonista Lois Reigosa. O crime fora dunha gran crueldade, xa que lle proporcionou unha terrible morte ao inxectarlle unha sustancia moi corrosiva, pero sen embargo moi común. Deciden comezar a investigación buscando aos que empregan esta sustancia, que son todos médicos, en particular aos homes, debido a que o asasinado apareceu morto atado na cama e era homosexual. Tras unha longa busca en hospitais, reúnense co doutor Zuriaga, ao que ó inspector lle pareceu ver no funeral de Reigosa. Este nega calquera relación con Lois,  pero tras atopar imaxes que o demostran, confesa que eran amantes, pero que non o matou. Tódalas probas o sinalan a el, polo que o declaran culpábel. Sen embargo, grazas a unha chamada feita á radio na que traballa o inspector, así coma un libro atopado no crime e á colaboración dun canciño, todo se puido resolver. Descubriron deste xeito que a verdadeira asasina era a muller de Zuriaga, que ao descubrir a aventura do seu home decidiu vingarse, coa axuda do seu amante Isidro Freire, e tentando culpar de todo ao seu marido, para conseguir así a súa fortuna.

O narrador aparece en terceira persoa, neste caso omnisciente, que nos vai contando como se senten os persoaxes, como pensan,  así como a súa emocionante historia centrada nos protagonistas da mesma. Leo Caldas, coñecido inspector debido á súa colaboración no programa de radio “Patrulla nas ondas”, o cal, guiándose polo seu instinto, poderá desenredar os misterios arredor da morte de Lois Reigosa. Lois Reigosa, saxofonista que aparece cruelmente asasinado no seu apartamento, que mantén unha relación oculta co famoso doutor Zuriaga. Rafael Estévez, compañeiro de Leo Caldas, o cal veu dende Zaragoza destinado a Galiza, debido probablemente ao seu mal carácter e pouca paciencia, o cal lle causará a Leo Caldas, máis dunha dor de cabeza. O Doutor Zuriaga, famoso doutor ao que culpan do asasinato, destruíndo así a súa carreira e o seu matrimonio coa señora Zuriaga. Isidro Freire, distribuidor da corrosiva sustancia que matou a Lois Reigosa e amante da señora Zuriaga, o cal é cómplice do asasinato do saxofonista. SeñoraZuriaga, muller do doutor Zuriaga, a cal asasina a Lois Reigosa e deixa tódalas probas posibles para acusar ao seu marido do crime, debido á relación que este mantiña co morto. O seu amante Isidro Freire colabora con ela.

A obra ten lugar en Galiza, particularmente na zona de Vigo, e podemos dicir que transcorre na época actual.

Dende o primeiro momento a intriga obriga a non parar de ler. Ademais, xunto coa trama,  mestúranse elementos cómicos ao redor do persoaxe de Rafael Estévez, o cal fai moito máis agradábel a lectura. O final resulta incrible, xa que todo  cambia de xeito inesperado.